viernes, 23 de junio de 2023
lunes, 19 de junio de 2023
XORNADA DE CONVIVENCIA
Este mes tivemos a xornada de convivencia co alumnado do CRA de Tomiño que ven para primeiro o vindeiro curso.
Tivemos teatro e xogos compartidos cos nenos e nenas de primeiro do cole.
O alumnado de 2º encargouse de coordinar os xogos e fixeron de expertos monitores, explicándose moi ben!
domingo, 18 de junio de 2023
SAÍDA A TOMIÑO
O martes 13 de xuño fixemos unha saída a Tomiño.
Visitamos o edificio do concello acompañados por dúas concelleiras que nos levaron á sala de plenos e ao despacho da alcaldesa.
Despois merendamos e xogamos no parque novo do Campo da Feira.
Para finalizar a saída fomos á policía local e a protección civil. Pasámolo moi ben porque nos deixaron entrar nos coches e claro, xogamos con todo o que alí tiñan.
Foron moi amables e tiveron moita paciencia con nós .
Moitísimasss grazasss!!!👮👏👏👏👌👌😘😘
miércoles, 7 de junio de 2023
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: PAULINA, MAMÁ DE ALI
O mércores 7 de xuño tivemos a última visita das familias.
Viu ao cole Paulina, a mamá de Ali, a ensinarnos a facer pulseiras con contas de cores brillantes.
Encantounos a actividade!
Moitas grazas por vir Paulina!
😍😍😍😍😍😍😍😍😍
lunes, 5 de junio de 2023
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: BEA, MAMÁ DE LEIRE
No mes de xuño recibimos a visita de Bea, mamá de Leire, que nos explicou como é o seu traballo no hospital.
Sorprendeunos vela vestida coa súa bata. gorrro e calzado de quirófano.
Traía unha chea de instrumentos que usa no seu traballo (termómetro dixital, fonendoscopio, tensiómetro...), ata traía unha boneca porque nos falou dos coidados dos bebés cando nacen, que é o que máis lle gusta facer.
AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: CARMELA, AVOA DE IZAN
No mes de maio visitáronnos Carmela e Verónica, avoa e mamá de Izan para ensinarnos o arte da costura.
Aprendemos a valorar a artesanía na elaboración de modelos para diferentes espectáculos e competicións deportivas.
Xogamos a ser deseñadores e fixemos deseños de distintos traxes!