jueves, 30 de marzo de 2023

AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: 
ROBER, O PAPÁ DE NOA

 Seguindo coas visitas das familias, hoxe viu ao cole Rober, o papá de Noa.


Explicounos como fai a froita deshidratada que vende na súa froitería do mercado municipal de Tomiño.

Despois probamos algunhas !!😋😋😋😋




Os sabores eran moi especiais e diferentes!! 😀😀😀

 Non se parecían en nada as froitas que coñecemos e aprendemos a probar alimentos novos !!

Moitas grazas por vir Rober!!💜💛💚💙💗😚😚😚





lunes, 27 de marzo de 2023

CONMEMORACIÓNS DE INVERNO

 Estas son algunhas das conmemoracións que celebramos no cole no segundo trimestre.

SEMANA DO BO TRATO


 

ENTROIDO


VISITA AO CENTRO DA TERCEIRA IDADE  


 



SEMANA DE PRENSA, DÍA DA MULLER
 
 
💙💚💛💜😃😃😃😃

 


 

AS  FAMILIAS  VEÑEN  AO  COLE : SARA , A MAMÁ DE XEILA.   


Outra  nova familia viu de visita!!!

 Esta semana recibimos  no cole a  Sara, a mamá de Xeila. Ela contounos dous contos do libro "De mayor quiero ser...feliz".

Os contos titulábanse: 

"La mochila invisible" 

 "Como la trucha al trucho"

 Coa súa lectura, descubrimos  o importante que é  aprender  a querernos ,  a valorarnos e a respectar aos demais!!!😊😊😊

Gustáronnos moito!!💚💛💜

Moitas grazas Sara!!!😀😘😘😘💗💙💚💛💜























sábado, 18 de marzo de 2023

AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: NELSON E VANESA, PAPÁ E MAMÁ DE IRIA

 Continuamos coas visitas das familias!!!

Esta semana foron Nelson e Vanesa, o papá e a mamá de Iria os que viñeron ao cole.

Contáronnos moitas cousas de Portugal.

Aprendemos vocabulario, historia, xeografía,  gastronomía, política e tamén deporte.

Xa sabemos algo máis do noso país veciño!

Moitas grazas por vir Nelson e Vanesa!!! 

                           😍😍😍 😘😘 


 










viernes, 3 de marzo de 2023

AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE : MARÍA XOSÉ, A MAMÁ DE ANXO

 Esta semana recibimos a visita de María Xosé, a mamá de Anxo, ela é científica e profe na Universidade e viu ao cole para facer con nós, uns experimentos.
No patio do cole, agrupámonos  en equipos de nenos e nenas de 1º e 2º, onde levamos a cabo catro experimentos: 
  • O guante que se infla só
  • O globo que se infla só 
  • Flores que se abren na auga 
  • Cortiza sumerxible 
Pasámolo moi ben!! 
Ese día xogamos a ser científicos e científicas e gustounos moito!!!

Moitas grazas por vir María Xosé!!!  😀😀

💚💚💚💛💛💛  💦💦💦💦💦    🔎🔎   💦💦💦💦











💦💦