jueves, 18 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER


 O 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

No cole este ano 1º e 2º curso traballamos as mulleres galegas no deporte.

Investigamos o seu historial deportivo, datos da súa biografía... e descubrimos que estamos rodeados de moitas campionas.

Así quedaron os nosos traballos!!!
































Ademáis tivemos a gran sorte de poder falar con Cristina Fernández Piñeiro por videoconferencia. Contounos un montón de cousas da súa vida, das súas experiencias, da súa profesión de árbitra... e ensinounos a antorcha olímpica que portou nos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992😱😱😱









miércoles, 3 de marzo de 2021

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Este curso, o 24 de febreiro para conmemorar o día de Rosalía os nenos e nenas de 1º e 2º 

"Xogamos coa poesía".

En 1º fixemos un recital de poesía versionando un pequeno poema do Libro Cantares Gallegos que seguro que todos coñecedes:

Eu ben vin estar o moucho 

enriba daquel penedo.

Non che teño medo, moucho;

moucho, non che teño medo!

Rosalía parece que lle tiña medo ao moucho, e nós a que lle temos medo?.

Nestes vídeos poderedes descubrilo!!!

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👀👀👀👀👀👀👀👀👀 

EQUIPOS 1º A 

 

EQUIPOS 1º B   

Hai moitos animais que dan un pouquiño de medo, seguro que todos e todas, mamás, papás, irmáns... tamén estades pensando nalgún!

Podedes deixar os vosos comentarios poñendo o nome dalgún deses animais que vos dan máis medo!

😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱                  

En 2º quixemos saber cousas da vida de Rosalía de Castro, traballamos algunha das súas poesías, compuxemos un crebacabezas e aprendemos unha canción da cantante Uxía para recitar, titulada "Rosalía pequeniña". 

Entrade nos enlaces para escoitalos!  

INTRODUCIÓN

 

 

AUDIO DE ROSALÍA PEQUENIÑA (2ª parte)


Outra actividade que quedou tamén moi bonita foi a do collage. Sabedes que hai moi poucas fotos de Rosalía e si moitas caricaturas e debuxos, nós atrevémonos a facer unha caricatura dela. 

Aquí tedes o resultado:

 


 

 

Animádevos a facer vós as vosas caricaturas de Rosalía, veredes que divertido!😀😀😀

 

Ademais participamos con todo o cole na elaboración do mural de Rosalía.