martes, 18 de octubre de 2022

AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE : DIEGO, O PAPÁ DE IZAN

Este curso  pedimos a colaboración das familias para que poidades visitarnos e facer algunha actividade para o alumnado do ciclo. Calquera proposta nos parece interesante: contacontos, cociña, charlas sobre as profesións, experimentos, talleres...

Seguindo esta proposta, o venres 7 de outubro viu ao cole Diego, o papá de Izan de 1º para facer unha sesión con malabares e co diábolo.

Estivemos con él entusiasmados e pasamos unha sesión moi divertida.

Moitas grazas por vir Diego!!!!!😀😀😃😃😍😍 


lunes, 10 de octubre de 2022

 FESTA DE BENVIDA

     O venres 23 de setembro celebramos unha festa de benvida a primaria para os nenos e nenas de 1º, organizada polo alumnado de 2º. 

Pasámolo moi ben e gozamos dunha xornada lúdica todos xuntos.😃😃😃💙💚💛💜 

 

Os preparativos 

 Antes da chegada do gran día tivemos moito traballo que preparar ...



A   invitación






 A decoración  de vasos 
 O biscoito de chocolate 











Medir e cortar os manteis 

                     

  Levar  as mesas ao areeiro e preparalas cos biscoitos e chucherías



  A FESTA


Na festa comemos e xogamos todos xuntos, aquí podedes ver o ben que o pasamos.