viernes, 12 de noviembre de 2021

A FESTA DO SAMAÍN

O venres día 29 de outubro celebramos no cole o Samaín. 

Mirade os nosos terroríficos disfraces 👻💀










UN OUTONO MÁXICO

Coa chegada do mes de outubro, o noso cole vestiuse de outono!!






Ademais, aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina polo monte para recoller follas, ourizos, castañas, landras...e ver como cambia a paisaxe nesta fermosa estación.

 



E por fin chegou o día de celebrar o Magosto!!!

Todos os nenos e nenas do cole xuntámonos no campo de fútbol para degustar as castañas asadas e compartir unha xornada de xogos populares😋

Para ambientar os corredores do cole fixemos estes murais Pop Art, imitando a Andy Warhol.