Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTOS. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de junio de 2023

 SAÍDA A TOMIÑO

O martes 13 de xuño fixemos unha saída a Tomiño.

Visitamos o edificio do concello acompañados por dúas concelleiras  que  nos levaron á sala de plenos e ao despacho da alcaldesa.


Despois merendamos e xogamos no parque novo do Campo da Feira.

Para finalizar a saída fomos á policía local e a protección civil. Pasámolo moi ben porque nos deixaron entrar nos coches e claro, xogamos con todo o  que alí tiñan.




Foron moi amables e tiveron moita paciencia con nós .

Moitísimasss grazasss!!!👮👏👏👏👌👌😘😘


sábado, 18 de marzo de 2023

AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE: NELSON E VANESA, PAPÁ E MAMÁ DE IRIA

 Continuamos coas visitas das familias!!!

Esta semana foron Nelson e Vanesa, o papá e a mamá de Iria os que viñeron ao cole.

Contáronnos moitas cousas de Portugal.

Aprendemos vocabulario, historia, xeografía,  gastronomía, política e tamén deporte.

Xa sabemos algo máis do noso país veciño!

Moitas grazas por vir Nelson e Vanesa!!! 

                           😍😍😍 😘😘 


 










domingo, 27 de noviembre de 2022

SAÍDA A VIGO

O luns 14 de novembro saímos de excursión a Vigo. 

Primeiro fomos a ver unha obra de teatro de

monicreques "La aventura de aburrirse" e despois merendamos no porto. 

Paseamos pola cidade e visitamos un centro comercial.

Pasámolo moi ben!



                                    


viernes, 3 de junio de 2022

DETECTIVES DO PLANETA: PROXECTO AUGA

 Estas son  algunhas das actividades do Proxecto documental Integrado que fixemos neste curso. 


ACTIVIDADES PLÁSTICAS


Mural feito coa técnica de soplado con témpera líquida .









Botella de sal tinguida con xiz de cores.







CHARLAS

O profe Alfonso ensinounos o seu traxe de mergullo. 

Aprendemos o nome de todos os accesorios que utiliza para facer submarinismo.

MOITAS GRAZAS!!!

APRENDEMOS MOITO!!!

💦😀😀😀😀💦💦




Os nosos compañeiros e compañeiras de 3º explicáronos o ciclo da auga e axudáronos a facer o experimento no que recreamos o ciclo da auga nunha bolsa. 

Agora chove cada día nas nosas ventás!!💦💧

SAÍDAS

Fixemos unha camiñada por Torrón para coñecer a traída de auga guiados por Germán e Eva da Comunidade de Montes.


 




 
BUSCA DO TESOURO

Qué ben o pasamos buscando o tesouro!!

  





Tiñamos que seguir as pistas sobre os distintos usos da auga que facemos na escola ata chegar a un cofre de deliciosos xeados. 





EXPERIMENTOS

Experimentamos con diferentes obxectos para comprobar se flotaban, desaparecían, afundíanse... Fixemos hipóteses sobre o que podía pasar como verdadeiros científicos/as.