domingo, 27 de noviembre de 2022

SAÍDA A VIGO

O luns 14 de novembro saímos de excursión a Vigo. 

Primeiro fomos a ver unha obra de teatro de

monicreques "La aventura de aburrirse" e despois merendamos no porto. 

Paseamos pola cidade e visitamos un centro comercial.

Pasámolo moi ben!



                                    


lunes, 21 de noviembre de 2022

MAGOSTO: UN DÍA DE FESTA

 O venres 11, día de San Martiño, celebramos con todo o cole a festa do MAGOSTO.

Nas pistas deportivas  comemos as castañas e logo participamos en diferentes xogos populares como:

- O pano

- A galiña cega 

- Os carozos 

- A rá

- O Mikado

Acompañounos o bo tempo e poidemos gozar dunha xornada lúdica e de convivencia.

💙💚💛💜💓😋😋😋