martes, 14 de septiembre de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Benvidos a un novo curso!! Lembrades como estaban medrando os xirasois da horta do cole no mes de xuño?

Pois menuda sorpresa levamos o primeiro día de cole! Estaban con flores!

Tamén sabemos que medraron moito nos xardíns das vosas casas! 

Con axuda, podedes compartir aquí algunhas fotos, enviándoas ao correo das vosas profes. Faremos publicacións con todas as que aportedes. Animádevos e participade!