O luns 14 de novembro saímos de excursión a Vigo.
Primeiro fomos a ver unha obra de teatro de
monicreques "La aventura de aburrirse" e despois merendamos no porto.
Paseamos pola cidade e visitamos un centro comercial.
Pasámolo moi ben!


O venres 11, día de San Martiño, celebramos con todo o cole a festa do MAGOSTO.
Nas pistas deportivas comemos as castañas e logo participamos en diferentes xogos populares como:
- O pano
- A galiña cega
- Os carozos
- A rá
- O Mikado
Acompañounos o bo tempo e poidemos gozar dunha xornada lúdica e de convivencia.
💙💚💛💜💓😋😋😋
Este curso pedimos a colaboración das familias para que poidades visitarnos e facer algunha actividade para o alumnado do ciclo. Calquera proposta nos parece interesante: contacontos, cociña, charlas sobre as profesións, experimentos, talleres...
Seguindo esta proposta, o venres 7 de outubro viu ao cole Diego, o papá de Izan de 1º para facer unha sesión con malabares e co diábolo.
Estivemos con él entusiasmados e pasamos unha sesión moi divertida.
Moitas grazas por vir Diego!!!!!😀😀😃😃😍😍
FESTA DE BENVIDA
O venres 23 de setembro celebramos unha festa de benvida a primaria para os nenos e nenas de 1º, organizada polo alumnado de 2º.
Pasámolo moi ben e gozamos dunha xornada lúdica todos xuntos.😃😃😃💙💚💛💜
Os preparativos
Antes da chegada do gran día tivemos moito traballo que preparar ...
![]() |
A decoración de vasos |
Estas son algunhas das actividades do Proxecto documental Integrado que fixemos neste curso.
ACTIVIDADES PLÁSTICAS
Mural feito coa técnica de soplado con témpera líquida .
Botella de sal tinguida con xiz de cores.
CHARLAS
O profe Alfonso ensinounos o seu traxe de mergullo.
Aprendemos o nome de todos os accesorios que utiliza para facer submarinismo.
MOITAS GRAZAS!!!
APRENDEMOS MOITO!!!
💦😀😀😀😀💦💦
Os nosos compañeiros e compañeiras de 3º explicáronos o ciclo da auga e axudáronos a facer o experimento no que recreamos o ciclo da auga nunha bolsa.
Agora chove cada día nas nosas ventás!!💦💧
SAÍDAS
Fixemos unha camiñada por Torrón para coñecer a traída de auga guiados por Germán e Eva da Comunidade de Montes.