O luns 14 de novembro saímos de excursión a Vigo.
Primeiro fomos a ver unha obra de teatro de
monicreques "La aventura de aburrirse" e despois merendamos no porto.
Paseamos pola cidade e visitamos un centro comercial.
Pasámolo moi ben!


O venres 11, día de San Martiño, celebramos con todo o cole a festa do MAGOSTO.
Nas pistas deportivas comemos as castañas e logo participamos en diferentes xogos populares como:
- O pano
- A galiña cega
- Os carozos
- A rá
- O Mikado
Acompañounos o bo tempo e poidemos gozar dunha xornada lúdica e de convivencia.
💙💚💛💜💓😋😋😋