Estas son algunhas das conmemoracións que celebramos no cole no segundo trimestre.
SEMANA DO BO TRATO
ENTROIDO
VISITA AO CENTRO DA TERCEIRA IDADE

AS FAMILIAS VEÑEN AO COLE : SARA , A MAMÁ DE XEILA.
Outra nova familia viu de visita!!!
Esta semana recibimos no cole a Sara, a mamá de Xeila. Ela contounos dous contos do libro "De mayor quiero ser...feliz".
Os contos titulábanse:
"La mochila invisible"
"Como la trucha al trucho"
Coa súa lectura, descubrimos o importante que é aprender a querernos , a valorarnos e a respectar aos demais!!!😊😊😊
Gustáronnos moito!!💚💛💜
Moitas grazas Sara!!!😀😘😘😘💗💙💚💛💜
Continuamos coas visitas das familias!!!
Esta semana foron Nelson e Vanesa, o papá e a mamá de Iria os que viñeron ao cole.
Contáronnos moitas cousas de Portugal.
Aprendemos vocabulario, historia, xeografía, gastronomía, política e tamén deporte.
Xa sabemos algo máis do noso país veciño!
Moitas grazas por vir Nelson e Vanesa!!!
😍😍😍 😘😘
No mes de xaneiro recibimos a visita de Diana, a mamá de Abraham que viu ao cole a facer unha receita de cociña. Coa axuda do seu fillo fixo un riquísimo biscoito con"pepitas"de chocolate que estaba delicioso.
Como éramos moitos trouxo outro de agasallo para compartir.
Gustounos moito e comémolo todo!!!
MIRADE MIRADE!!! 😋😋😋😋😋😋😋😋😋😋😋
MOITAS GRAZAS DIANA!!! 😍😍😍
O venres 11, día de San Martiño, celebramos con todo o cole a festa do MAGOSTO.
Nas pistas deportivas comemos as castañas e logo participamos en diferentes xogos populares como:
- O pano
- A galiña cega
- Os carozos
- A rá
- O Mikado
Acompañounos o bo tempo e poidemos gozar dunha xornada lúdica e de convivencia.
💙💚💛💜💓😋😋😋