martes, 14 de septiembre de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Benvidos a un novo curso!! Lembrades como estaban medrando os xirasois da horta do cole no mes de xuño?

Pois menuda sorpresa levamos o primeiro día de cole! Estaban con flores!

Tamén sabemos que medraron moito nos xardíns das vosas casas! 

Con axuda, podedes compartir aquí algunhas fotos, enviándoas ao correo das vosas profes. Faremos publicacións con todas as que aportedes. Animádevos e participade!

lunes, 31 de mayo de 2021

O MÁXICO MUNDO DAS PLANTAS

Coa chegada da primavera, no cole estivemos traballando as plantas.

Primeiro sementamos lentellas en botellas recicladas que convertíronse en divertidos monstros peludos.

Descubrimos como da semente da lentella xermolou unha pranta. 


 

1ºA

1ºB







2º A













Medraron moito e poidemos levalos para casa.

Despois observamos as partes dunha planta de loureiro 

(semente, raíz, talo e follas) e  plantámola nun vaso de iogur.








2ºB



Tamén fixemos unha "minihorta" nunha caixa de froita onde plantamos tomate, calabacín, rabos e fresas.





Aprendemos que antes de sair os froitos nacen as flores.

    FLORES DE CALABACÍN

FLORES DE TOMATE 
 

Despois das flores nacen os froitos!

Mirade como medraron os calabacíns!
 
E as tres flores de fresa convertíronse en tres fresas ben maduras!

                                          FRESAS
                           CALABACÍN

 
 

Para observar como nacen as flores, collemos bulbos de gladiolos. Ao principio pensamos que eran pequenas cebolas e vimos como brotaban as follas. 










Tamén fixemos a nosa aportación a horta do cole con PLANTAS DE XIRASOL.
 










Plantamos as pipas en briks decorados que levamos a casa para trasplantalos e poder ver como nace a flor do xirasol coas pipas durante o verán.


 


 






Seguro que vai ser moi divertido!  💚💚💚

Se queredes podedes facerlle fotos para poder compartirlas á volta das vacacións!












jueves, 18 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER


 O 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

No cole este ano 1º e 2º curso traballamos as mulleres galegas no deporte.

Investigamos o seu historial deportivo, datos da súa biografía... e descubrimos que estamos rodeados de moitas campionas.

Así quedaron os nosos traballos!!!
































Ademáis tivemos a gran sorte de poder falar con Cristina Fernández Piñeiro por videoconferencia. Contounos un montón de cousas da súa vida, das súas experiencias, da súa profesión de árbitra... e ensinounos a antorcha olímpica que portou nos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992😱😱😱