DÍA DE ROSALÍA
Este curso, o 24 de febreiro para conmemorar o día de Rosalía os nenos e nenas de 1º e 2º
"Xogamos coa poesía".
En 1º fixemos un recital de poesía versionando un pequeno poema do Libro Cantares Gallegos que seguro que todos coñecedes:
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
Non che teño medo, moucho;
moucho, non che teño medo!
Rosalía parece que lle tiña medo ao moucho, e nós a que lle temos medo?.
Nestes vídeos poderedes descubrilo!!!
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👀👀👀👀👀👀👀👀👀
EQUIPOS 1º A
EQUIPOS 1º B
Hai moitos animais que dan un pouquiño de medo, seguro que todos e todas, mamás, papás, irmáns... tamén estades pensando nalgún!
Podedes deixar os vosos comentarios poñendo o nome dalgún deses animais que vos dan máis medo!
😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱
En 2º quixemos saber cousas da vida de Rosalía de Castro, traballamos algunha das súas poesías, compuxemos un crebacabezas e aprendemos unha canción da cantante Uxía para recitar, titulada "Rosalía pequeniña".
Entrade nos enlaces para escoitalos!
AUDIO DE ROSALÍA PEQUENIÑA (2ª parte)
Outra actividade que quedou tamén moi bonita foi a do collage. Sabedes que hai moi poucas fotos de Rosalía e si moitas caricaturas e debuxos, nós atrevémonos a facer unha caricatura dela.
Aquí tedes o resultado:
Animádevos a facer vós as vosas caricaturas de Rosalía, veredes que divertido!😀😀😀
Ademais participamos con todo o cole na elaboración do mural de Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario