Coa chegada do mes de outubro, o noso cole vestiuse de outono!!
Ademais, aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina polo monte para recoller follas, ourizos, castañas, landras...e ver como cambia a paisaxe nesta fermosa estación.
E por fin chegou o día de celebrar o Magosto!!!
Todos os nenos e nenas do cole xuntámonos no campo de fútbol para degustar as castañas asadas e compartir unha xornada de xogos populares😋
Para ambientar os corredores do cole fixemos estes murais Pop Art, imitando a Andy Warhol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario