viernes, 3 de junio de 2022

DETECTIVES DO PLANETA: PROXECTO AUGA

 Estas son  algunhas das actividades do Proxecto documental Integrado que fixemos neste curso. 


ACTIVIDADES PLÁSTICAS


Mural feito coa técnica de soplado con témpera líquida .









Botella de sal tinguida con xiz de cores.







CHARLAS

O profe Alfonso ensinounos o seu traxe de mergullo. 

Aprendemos o nome de todos os accesorios que utiliza para facer submarinismo.

MOITAS GRAZAS!!!

APRENDEMOS MOITO!!!

💦😀😀😀😀💦💦




Os nosos compañeiros e compañeiras de 3º explicáronos o ciclo da auga e axudáronos a facer o experimento no que recreamos o ciclo da auga nunha bolsa. 

Agora chove cada día nas nosas ventás!!💦💧

SAÍDAS

Fixemos unha camiñada por Torrón para coñecer a traída de auga guiados por Germán e Eva da Comunidade de Montes.


 




 
BUSCA DO TESOURO

Qué ben o pasamos buscando o tesouro!!

  





Tiñamos que seguir as pistas sobre os distintos usos da auga que facemos na escola ata chegar a un cofre de deliciosos xeados. 





EXPERIMENTOS

Experimentamos con diferentes obxectos para comprobar se flotaban, desaparecían, afundíanse... Fixemos hipóteses sobre o que podía pasar como verdadeiros científicos/as.
 
 




martes, 15 de marzo de 2022

Conmemoracións de inverno

 Durante o segundo trimestre, no cole celebramos: 

Día da Paz, Entroido, Día de Rosalía, Día da Muller.

Fixemos actuacións musicais, cantando e bailando o Día da Paz, elaboramos os disfraces do "Fondo do mar"e participamos no desfile, xogamos a ser Rosalía por un día e elaboramos un marcapáxinas para o Día da Muller.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes de todas estas actividades. 

               💙💚💛💜👀👀👀👀💙💚💛💜








 


 



martes, 21 de diciembre de 2021

BO NADAL FAMILIAS

Hoxe é o último día de cole antes das vacacións de Nadal e recibimos a visita máis especial: a de Papá Noel e os seus axudantes. Qué ilusión poderlle entregar as nosas cartas !!

Ademais deixáronos un pequeno agasallo doce que estaba ...😋😋😋



As titoras aproveitamos para desexarvos unhas FELICES FESTAS ❤

viernes, 12 de noviembre de 2021

A FESTA DO SAMAÍN

O venres día 29 de outubro celebramos no cole o Samaín. 

Mirade os nosos terroríficos disfraces 👻💀










UN OUTONO MÁXICO

Coa chegada do mes de outubro, o noso cole vestiuse de outono!!






Ademais, aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina polo monte para recoller follas, ourizos, castañas, landras...e ver como cambia a paisaxe nesta fermosa estación.

 



E por fin chegou o día de celebrar o Magosto!!!

Todos os nenos e nenas do cole xuntámonos no campo de fútbol para degustar as castañas asadas e compartir unha xornada de xogos populares😋

Para ambientar os corredores do cole fixemos estes murais Pop Art, imitando a Andy Warhol.







viernes, 29 de octubre de 2021

DETECTIVES DO PLANETA: PROXECTO AUGA

Para comezar, queremos dar a benvida aos nenos e nenas do primeiro curso e as súas familias👋👋👋

Neste espazo compartiremos algunhas das nosas vivencias na escola, actividades, conmemoracións, saídas e proxectos que realizamos na aula. Queremos que vos tamén sexades protagonistas, así que... 

Animádevos a seguirnos e a participar !!



Este curso, o Proxecto común para todo o alumnado do centro é A AUGA. Para traballar estos contidos convertirémonos en detectives do planeta!!💦

Aquí están os nosos equipos de intrépidos investigadores de primeiro e segundo curso👏👏👏👏👏





martes, 26 de octubre de 2021