jueves, 18 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER


 O 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

No cole este ano 1º e 2º curso traballamos as mulleres galegas no deporte.

Investigamos o seu historial deportivo, datos da súa biografía... e descubrimos que estamos rodeados de moitas campionas.

Así quedaron os nosos traballos!!!
































Ademáis tivemos a gran sorte de poder falar con Cristina Fernández Piñeiro por videoconferencia. Contounos un montón de cousas da súa vida, das súas experiencias, da súa profesión de árbitra... e ensinounos a antorcha olímpica que portou nos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992😱😱😱









miércoles, 3 de marzo de 2021

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Este curso, o 24 de febreiro para conmemorar o día de Rosalía os nenos e nenas de 1º e 2º 

"Xogamos coa poesía".

En 1º fixemos un recital de poesía versionando un pequeno poema do Libro Cantares Gallegos que seguro que todos coñecedes:

Eu ben vin estar o moucho 

enriba daquel penedo.

Non che teño medo, moucho;

moucho, non che teño medo!

Rosalía parece que lle tiña medo ao moucho, e nós a que lle temos medo?.

Nestes vídeos poderedes descubrilo!!!

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👀👀👀👀👀👀👀👀👀 

EQUIPOS 1º A 

 

EQUIPOS 1º B   

Hai moitos animais que dan un pouquiño de medo, seguro que todos e todas, mamás, papás, irmáns... tamén estades pensando nalgún!

Podedes deixar os vosos comentarios poñendo o nome dalgún deses animais que vos dan máis medo!

😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱 😱                  

En 2º quixemos saber cousas da vida de Rosalía de Castro, traballamos algunha das súas poesías, compuxemos un crebacabezas e aprendemos unha canción da cantante Uxía para recitar, titulada "Rosalía pequeniña". 

Entrade nos enlaces para escoitalos!  

INTRODUCIÓN

 

 

AUDIO DE ROSALÍA PEQUENIÑA (2ª parte)


Outra actividade que quedou tamén moi bonita foi a do collage. Sabedes que hai moi poucas fotos de Rosalía e si moitas caricaturas e debuxos, nós atrevémonos a facer unha caricatura dela. 

Aquí tedes o resultado:

 


 

 

Animádevos a facer vós as vosas caricaturas de Rosalía, veredes que divertido!😀😀😀

 

Ademais participamos con todo o cole na elaboración do mural de Rosalía.

viernes, 12 de febrero de 2021

O ENTROIDO


Os superheroes e superheroínas de 1º e 2º chegaron hoxe ao cole de Sobrada.

Teñen moitos superpoderes marabillosos e estamos seguros de que nos axudarán a que todo vaia a millor!

Atrevédesvos a descubrilos?








jueves, 4 de febrero de 2021

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ


Este ano celebramos o Día escolar da non violencia e da paz cunha actividade na que participamos todo o alumnado do centro.

Fixemos unhas mans nas que escribimos palabras, sentimentos e emocións que relacionamos coa paz para decorar a ÁRBORE DA PAZ do CEIP de Sobrada.

Mirade as fotos e descubrirédelo! 👀👀👀

   1º A

1ºB

    

    2º A

 

     2º B


martes, 15 de diciembre de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO


 Aquí vos deixamos uns vídeos dun experimento moi chulo que fixemos os equipos de "científicas e científicos" de 1º e 2º de primaria.

FIXEMOS UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN!!! 💥💥💥😃

Podedes facelo na casa coa axuda dunha persoa maior.

Animádevos!!! 

A CIENCIA É MOI DIVERTIDA!!!

 1º A

  

 

  

 

1º B 


2º A

  

  

 

2º B

 

 

lunes, 30 de noviembre de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Deixámosvos unhas propostas de actividades para facer experimentos nas vosas casas en familia. Podedes enviarnos vídeos, fotos...para compartir neste espazo.

Entrando neste ENLACE atoparedes os experimentos.

Animádevos!!!💥 👪


Esperamos as vosas aportacións!


miércoles, 25 de noviembre de 2020

É TEMPO DE OUTONO


 Nestas semanas de outono fixemos un montón de actividades: follas con papel de celofán de cores, castañas  para decorar as aulas, unha árbore con pintura de dedos coas cores do outono, un cucurucho para as castañas...

Ah! e tamén visitamos o vello castiñeiro xigante que hai no patio das antigas escolas de infantil e comemos unhas castañas asadas que estaban boísimas! 👅👅👅👅👅👅👅👅

MIRADE QUE FOTOS MÁIS CHULAS FIXEMOS!!! 


1ºA








1ºB





2ºA









2ºB