viernes, 15 de mayo de 2020

EXPERIMENTO: MEZCLA DE CORES

BOAS FAMILIAS!!


Hoxe vamos a convertirnos en científicos/as, polo que vamos a coller a nosa bata branca para poñernos mans a ciencia !!

O experimento que vamos facer chámase MEZCLA DE CORES, para iso necesitamos os seguintes materiais:

 - 6 botes de cristal.

- cucharas

- papel de cociña

- colorante alimenticio (3 cores: amarelo, vermello e azul).

 

O experimento é moi sinxelo, temos que seguir os seguintes pasos:

 

PASO 1: Collemos 3 botes de cristal e enchémolos de auga, e a cada bote de agua mezclamoslle un colorante alimenticio. Polo que obteremos tres botes de distintas cores (un bote amarelo, un bote azul e un bote vermello).

PASO 2: Poñemos no medio destes botes de cores os botes de cristal vacíos facendo un círculo. Despois disto facemos churros co papel de cociña e conectamos os botes de cores cos botes vacíos, de tal forma que cada  bote de cor teña dous papeis de cociña que saen aos botes vacíos. 

PASO 3: Observamos como a partir das distintas cores se obteñen outras cores novas. Así como o papel absorbe a auga dos botes de cores para os botes vacíos.

 

Podes axudarte para facer o experimento do seguinte vídeo:

 Despois de realizar o experimento deberás cubrir a seguinte ficha:

FICHA MEZCLA DE CORES 

 

Recordade que podedes enviarnos fotos dos vosos experimentos e fotos sobre a ficha.

 

Tamén lembrar que este fin de semana é o Día das Letras Galegas que para a súa celebración tedes na dereita do Blog o enlace ao Blog do cole onde podedes atopar máis información sobre este día e ver o vídeo coas fotos que enviastedes !! Tamén deixamos un enlace para o blog da Biblioteca con máis recursos e propostas!

 

Un saúdo de parte das titoras de 1º e 2º!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario